Igualdade da Deputación presenta a nova edición de “Liberdade de ser e de sentir” con motivo do 28X, Día da Diversidade Sexual

20 Xuño 2025

A Deputación da Coruña vai conmemorar o Día da Diversidade Sexual impulsando a campaña de sensibilización Liberdade de ser e de sentir. Os detalles da iniciativa foron compartidos pola deputada de igualdade, Soledad Agra, acompañada de Ana García, de Alas A Coruña; Victoria Fernández da compañía, Pérez & Fernández e Emi Candal, da produtora Urdime. A través da nova campaña de Liberdade de ser e de sentir, sinalaron, apélase á “complicidade” dos 93 concellos da provincia e convida a adherise á iniciativa a aquelas entidades do tecido asociativo que estean interesada en participar, asumindo 3 compromisos moi sinxelos. Estes son:

-Iluminar un espazo público coas cores da bandeira LGTBQI+.

-Expoñer publicamente a bandeira LGTBQI+.

-Difundir a campaña nas redes empregando o cancelo #seresentir.

“Desde a Deputación queremos que os recursos, a información e a visibilización do colectivo cheguen a todos os concellos da provincia, independentemente do seu tamaño e orzamento”, sinalou a deputada.

Actividades anuais

A campaña iniciouse o pasado 31 de maio coa celebración da IV edición do congreso Memoria Diversa, que centrou a reflexión sobre os novos e vellos discursos de odio contra o colectivo LGBT, creando espazos de encontro e reflexión arredor da memoria do colectivo LGBTIQA+ en Galiza. O congreso foi gravado e está dispoñíbel na canle de YouTube da Deputación da Coruña.

Ademais do congreso, inclúe diferentes actividades que se desenvolverán nos vindeiros meses xa que, tal e como sinalou a deputada, “na Área de Igualdade da entendemos que o activismo polos dereitos das persoas LGTBQI+ non debe cinguirse a un único día no ano, polo que a programación que compón a campaña estenderase durante meses”:

· Acto institucional do día 27 no Pazo da Deputación con lectura dun manifesto e unha lectura colectiva de fragmentos de literatura queer galega.

· Desenvolvemento de tres palestras: Institucionalización das persoas LGTB; Medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTB no ámbito laboral e Corpos e sexualidades disidentes.

· Representacións teatrais para distintos públicos espalladas por 20 concellos da provincia procurando chegar ao maior número de comarcas do territorio como segue: 10 representacións da obra Rosa e azul, de Pérez & Fernández, dirixida a público infantil e 10 representacións da obra Vicio houbo sempre, de Atenea García e dirixida a público adolescente e adulto.

· Creación de contidos informativos descargábeis para que concellos e entidades poidan dispor deles nos puntos de información LGTB que organicen.

· Actualización da páxina web seresentir.gal con novas propostas de literatura LGTB, recompilación de recursos audiovisuais (curtametraxes, películas e series con representación diversa) e ligazóns a materiais de libre acceso, así como suxestión de contidos para diferentes idades.

· Instalación de puntos LGTB en 8 concellos da provincia.

· Envío de merchandising a concellos de menos de 30.000 habitantes.

“A loita do colectivo LGTBIQ+ non é só unha loita legal, senón tamén polo dereito a vivir con dignidade, sen medo, sen violencia e sen discriminación” apuntou Agra. “Unha loita pola liberdade de ser, estar e sentir. E estas campañas, por desgraza, seguen sendo moi necesarias.”

Engadiu que a Información irase actualizando na web seresentir.gal e faranse comunicacións periódicas a concellos e entidades adheridas informando das novidades. Para consultas e suxestións habilítase o correo electrónico seresentir@dacoruna.gal e o teléfono 646 908 177.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...