Controlado un incendio na nave de JJ Chicolino en Vilariño, Boiro (extinguido)

30 Xuño 2025

Un incendio industrial declarouse ao redor das 21:00 horas deste luns nas instalacións da empresa JJ Chicolino, situadas no lugar de Vilariño, parroquia de Cespón, no municipio coruñés de Boiro. O lume orixinouse no exterior da nave, nunha zona onde se almacenan redes, cordas, palés e lonas, materiais altamente inflamables.

Bombeiros de Boiro

A rápida intervención dos servizos de emerxencia permitiu controlar o lume antes de que causase danos de gran envergadura, evitando así que se repetise unha traxedia como a ocorrida en setembro de 2009, cando un incendio na mesma empresa arrasou practicamente con toda a cordelería.

A alerta foi dada por un condutor que circulaba pola Autovía do Barbanza en dirección a Padrón, quen, ao observar as chamas, contactou inmediatamente co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. Ademais, avisou directamente aos Bombeiros de Boiro, ao xefe do corpo e ao propietario da empresa, con quen mantén unha relación persoal.

Grazas á rápida mobilización, o lume foi sufocado antes de que se propagase, limitando os danos materiais e, afortunadamente, sen que houbese que lamentar vítimas persoais.

As autoridades investigan agora as causas do incendio, aínda que se descarta, polo momento, unha orixe similar ao de 2009, cando unha faísca dun soplete desatou o sinistro.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...