Comeza este sábado o I Torneo do 50 aniversario do CCD Taragoña

05 Xuño 2025

O Campo Municipal da Lomba acolle a vindeira fin de semana o I Torneo 50 Aniversario CCD Taragoña (Club Cultural Deportivo de Taragoña, Rianxo).

Máis de trinta equipos das categorías prebenxamín e benxamín enfrontaranse entre o sábado 7 de xuño e o domingo 8 nas dúas primeiras xornadas deste torneo.

As probas encádranse na conmemoración, este 2025, do cincuenta aniversario do club de Taragoña, e para celebralo a histórica entidade deportiva organizou o primeiro Torneo de Fútbol Base do C.C.D. Taragoña. As categorías que disputarán nesta primeira edición serán Prebenxamín, Benxamín e Alevín, sendo as datas do evento 7, 8 e 14 de Xuño do 2025.

O club confirmou que están convidados os equipos de todos os concellos tanto da provincia da Coruña coma de Pontevedra.

A cita conta co patrocinio de importantes empresas da nosa comarca, como por exemplo CONGALSA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.