A Real Academia Galega elixe este venres a figura á que lle dedicará o Día das Letras Galegas 2026

18 Xuño 2025

A Real Academia Galega celebrará este venres, 20 de xuño, o pleno ordinario no que os académicos e académicas de número elixirán a figura á que lle dedicará o Día das Letras Galegas 2026. Na sesión someteranse a votación as catro candidaturas que se formalizaron: Enrique Labarta Pose (1863-1925), Miguel González Garcés (1916-1989), Antón Tovar (1921-2004) e Begoña Caamaño (1964-2014).

A sesión plenaria celebrarase no pazo municipal de María Pita (A Coruña) a partir das 11 horas. Ao termo da xuntanza, os medios gráficos poderán tomar imaxes da mesma e a continuación o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, comparecerá en rolda de prensa na Salón Real para informar os medios da decisión adoptada. Estímase que a comparecencia se celebrará a partir das 12:45 horas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...