A piscina municipal da Escravitude abre esta fin de semana e inaugura a tempada de verán en Padrón

25 Xuño 2025

A piscina municipal da Escravitude abrirá as súas portas ao público este sábado, 28 de xuño, marcando o inicio da tempada de verán no Concello de Padrón. A instalación estará operativa todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 14:00 a 21:00 horas.

As tarifas para esta nova tempada 2025 mantéñense sen cambios respecto a anos anteriores. O prezo da entrada xeral para persoas maiores de 18 anos será de 2,50 euros. Pola súa banda, os colectivos con dereito a tarifa reducida —xubilados, pensionistas, familias numerosas e mozos e mozas de entre 14 e 17 anos— abonarán un euro por entrada. Os nenos e nenas menores de 13 anos terán acceso gratuíto.

Como novidade adicional para favorecer o acceso continuado, ofreceranse bonos de 20 entradas a un prezo de 30 euros para adultos e 10 euros para os colectivos con tarifa reducida. Estes bonos poderán adquirirse directamente na Tesourería Municipal.

Desde o Concello de Padrón sinalan que, coa apertura da piscina, preténdese ofrecer á veciñanza unha alternativa de lecer estival centrada na práctica de actividade física, o deporte e a convivencia social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.