“Socialistas e populares no Congreso e o Parlamento galego seguen a mesma pauta á hora de nomear á dirección dos medios públicos de RTVE” – Antón Luaces

14 Maio 2025

Primeiro foi a, polo de agora, última reforma das normas que rexen o momeamento dos reitores dos medios públicos de comunicación de radio e televisión en España. A teor da mesma reforma, os deputados conservadores criticaron no seu día a mesma e a designación polo Goberno da actual directora de RTVE; e ven agora cando os socialistas galegos fan o mesmo co PP de G porque a súa maioría parlamentaria permite aos conservadores designar á actual directora de informativos da CRTVG directora desta Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), antes  Compañía da Radio Televisión de Galicia, xa que logo poden nomeala en base a esa reforma citada. 

Deste xeito, o vindeiro mes de xullo, María Concepción Pombo Romero dirixirá o ente público galego de radio e televisión agás no caso de que o PP perdera, por calquera circunstancia non  prevista, a maioría absoluta da que goza na actual lexislatura.

No seo do plantel de traballadores da Corporación do audiovisual público galego a decisión da Xunta do nomear a Concha Pombo para dirixir a CSAG no  causou a máis mínima sorpresa: Pombo Romero tivo que asumir as moitas críticas feitas polos seus propios compañeiros á xestión dos informativos, nomeadamente os da TVG. A estas súmase a longa campaña que desenvolven os propios traballadores da Corporación cada venres (que estes tinguen de negro en alusión á  “cor partidista” dos informativos dado que estes amosan maioritariamente, ao seu entender, unha inclinación a favorecer ao partido que sustenta á Xunta e as súas decisións).

Como sinalaba a este xornal un cualificado redactor da TVG, “Concha Pombo Romero non é unha paracaidista porque coñece perfectamente a casa e sabe como funciona esta dende a vai moitos anos”. 

A de Informativos é unha das áreas centrais tanto da televisión coma da radio pública galegas, e Pombo Romero é unha profesional de ampla traxectoria, motivo polo que se considera que o cambio na dirección dos medios públicos galegos non vai significar a máis mínima modificación do ata o de agora ofrecido nos mesmos coma “correa de transmisión da Xunta e do PP”.

A de Concha Pombo enténdese coma “unha candidatura continuista, máis do mesmo, porque nunca recoñeceu a mala praxe na xestión ata o de agora desempeñada. Nada que, en máis ou menos doses, non se atope na sua irmá maior, a TVE”.

Outros artigos

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.