O Parque provincial de bombeiros de Boiro recibiu aviso arredor das 11:00 h desta mañá por un simulacro de incendio iniciado no CEIP Santa Baia, no concello de Boiro.
Ao chegar ao lugar, os bombeiros realizaron unha inspección do perímetro do centro e o director do mesmo indicoulles que xa realizaran a evacuación seguindo o simulacro.
Os bombeiros montaron unha liña de extinción e accederon ao centro ata o comedor onde se situaría o suposto incendio, simulando a extinción do mesmo.
Tras facer as comprobacións que se requirirían nunha situación de incendio, deron por terminado o servizo ás 11:15h. Antes de regresar ao parque, amosaron os vehículos de bombeiros aos nenos e nenas de infantil.
