Ribeira acolle este venres 17 o espectáculo “Ingrávida” de Mercedes Peón

13 Maio 2025


Ribeira será este venres 16 de maio o escenario dunha cita musical de primeira liña coa artista galega Mercedes Peón, que chega cun espectáculo
singular: Ingrávida, actuación encadrada nas celebracións dos 25 anos da estrea do seu primeiro disco, Isué, e, segundo avanzou o Concello, suporá “unha oportunidade única para gozar en directo dunha das voces máis vangardistas e influentes da música galega contemporánea”.

Esta actuación tamén forma parte da programación especial de Cultura para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Ingrávida é unha homenaxe á creación colectiva e á riqueza da nosa tradición, reinterpretada con olladas novas e cunha posta en escena que viaxa entre o acústico e a electrónica. Mercedes Peón ofrécenos un percorrido polo seu potente repertorio, nutrido de anos de recollidas de campo, traballos cinematográficos e colaboracións en proxectos de danza, sempre cun espírito inquedo e comprometido coa innovación cultural.

Neste espectáculo, Mercedes Peón está acompañada por mulleres ás que admira profundamente, como o Dúo Caamaño & Ameixeiras, o grupo de voces líricas Galíricas, as agrupacións tradicionais Raigañas de Cerqueda e Xirifeiras, e as artistas Mónica de Nut, Ana Fernández e Laura Iturralde, que se encargará das proxeccións en directo.

O evento realizarase no Auditorio de Ribeira o vindeiro 16 de maio cunha duración de 70 minutos. As entradas están dispoñíbeis por só 3€ no Concello de Ribeira ou na web ataquilla.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.