Récord de participación na Andaina do Santo Isidro Letras Galegas, con máis de 270 persoas percorrendo os tesouros ambientais de Rois

18 Maio 2025

O Concello de Rois completou na mañá deste domingo 18 de maio a ampla programación das festas do Santo Isidro e das Letras Galegas coa celebración dunha multitudinaria camiñada.

Inscricións e saída

Na sexta edición da Andaina do Santo Isidro Letras Galegas participaron máis de 270 persoas, que percorreron algunhas das paraxes máis fermosas do municipio, como a zona dos Fondos (pasando pola ponte de Camilo Seira) ou a praia fluvial de Seira.

Inscricións e saída

O concelleiro de Deportes, José Luis Ares, deulle a benvida a todos os participantes antes de dar a saída.

Pasando polo campo de golf Val de Rois

No momento de recoller o dorsal, as persoas adultas foron agasalladas cun libro da Biblioteca Municipal.

A andaina, de 14 quilómetros de percorrido e con motivo das Letras Galegas, centrouse nesta ocasión na tradición oral de Rois e, por iso, en cada punto quilométrico había unha copla relacionada co municipio, recollida da recompilación realizada polo etnógrafo roisenses Clodio González.

Pasando polo campo de golf Val de Rois

Ademais, o Concello de Rois sortea unhas zapatillas deportivas entre todas as persoas inscritas. Para entrar no sorteo é necesario que facer algunha foto dalguns dos sinais que marcan os diferentes puntos quilométricos do percorrido (no que aparecen as coplas) e publicala en Facebook ou Instagram co cancelo #Roiscoasletras (o post ten que estar e modo público para acceder ao sorteo).

Voluntarios de Protección Civil de Rois e de Padrón colaboraron co Concello de Rois durante o desenvolvemento da proba.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.