Padrón organiza un encontro fotográfico con visitas guiadas

21 Maio 2025

Será o sábado 14 de xuño cando a comunidade de creadores de fotografía e vídeo Fotowalk Galicia e Padrón Turismo programen unha quedada fotográfica, na que se inclúen diversas visitas guiadas e que está aberta a todas as persoas que queiran participar, independentemente dos seus coñecementos fotográficos e do equipo que teñan.

Dicir que esta actividade é de balde e o único requisito que deben cumprir os participantes é dispoñer dunha cámara ou dun teléfono móbil para poder facer as súas propias fotos.

A xornada en cuestión comezará cun faladoiro sobre nocións fotográficas a cargo dun dos responsábeis de Fotowalk Galicia, para despois adicar o resto do día a levar estes coñecementos á práctica nas visitas que os participantes realizarán a algúns dos principais atractivos turísticos de Padrón.

Engadir que o programa inclúe visitas guiadas á vila medieval padronesa, ao seu xardín botánico, ao convento de Herbón e ao río Ulla. Asemade, o grupo poderá percorrer por libre a Casa de Rosalía.

A organización lembra que o xantar correrá por conta dos asistentes e recomenda levala da casa para poder facer un pícnic.

As persoas interesadas en participar na quedada poden xa inscribirse mandando un correo cos seus datos a fotowalkgalicia@gmail.com ou ben cubrindo o formulario dispoñíbel no apartado de inscricións da páxina web de Padrón Turismo. A hora de comezo da actividade será ás once da mañá e o punto de encontro queda fixado no auditorio municipal de Padrón (no Campo do Souto).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...