O PP propón promocionar a nivel internacional o Museo do Grabado de Ribeira mediante un convenio co Instituto Cervantes

09 Maio 2025

O Grupo Parlamentario Popular solicita que o Goberno aproveite a cesión de obras do Museo do Grabado e a Estampa Dixital de Artes para difundir a arte gráfica española dentro e fóra do país. A moción do Senador Popular ribeirense Manuel Ruíz Rivas foi aprobada co apoio do seu grupo e o voto contrario do PSOE e Suma Madrid.

O Museo do Grabado e a Estampa Dixital de Artes, situado na parroquia de Artes en Ribeira, podería dar un novo paso no seu recoñecemento internacional grazas a unha moción presentada polo Grupo Parlamentario Popular na Comisión de Cultura do Senado. A iniciativa, impulsada polos senadores Manuel Santos Ruiz Rivas e María José Ortega Gómez, insta ao Goberno a asinar un convenio co Concello de Ribeira e o propio museo para promover a súa colección a través do Instituto Cervantes.

O museo, xestionado pola Fundación Rural Artes, alberga unha das maiores coleccións privadas de gravado de Europa, con preto de 40.000 pezas que abranguen desde o século XV ata a actualidade. A súa actividade cultural inclúe colaboracións con universidades como as de Salamanca e Santiago, e organización de obradoiros de emprego e exposicións itinerantes que xa chegaron a países como Estados Unidos, Costa Rica ou Portugal. Está previsto que no próximo ano parte da súa colección se exhiba tamén en China e Alemaña.

Os populares destacan a oportunidade que supón esta colaboración para difundir a obra de grandes gravadores como Goya, Dalí, Chagall ou Picasso, presentes na colección, e salientan o compromiso desinteresado do museo ao ofrecer en préstamo as súas obras para exposicións nacionais e internacionais.

A moción propón que o Ministerio de Cultura e outros organismos públicos colaboren na promoción deste espazo único situado nas inmediacións do Parque Natural das Dunas de Corrubedo, co obxectivo de fortalecer o papel de Galicia e España como referentes na arte gráfica a nivel global.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.