O PBBI esixe máis apoio da Xunta para o marisqueo e as infraestruturas portuarias en Ribeira

28 Maio 2025

O Partido Barbanza Independiente (PBBI) reclama un maior compromiso da Xunta de Galicia co sector do mar, pilar esencial da economía local. A formación liderada por Vicente Mariño de Bricio, tamén primeiro tenente de alcalde, alerta sobre a crítica situación dos recursos marisqueiros e a perda de biodiversidade no litoral.

Nunha moción presentada no pleno do 27 de xaneiro, o executivo local solicitou aumento das axudas económicas ás confrarías para sementar e labrar as zonas de marisqueo. A resposta inicial chegou a principios de maio, coa participación da Xunta na sementeira de 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa en bancos marisqueiros da confraría de Aguiño.

Mariño de Bricio valorou positivamente o xesto, pero advertiu: “Este ten que ser só o primeiro paso dun longo camiño. A produtividade está en caída libre”. Segundo datos da web oficial www.pescadegalicia.gal, a lonxa de Aguiño sufriu entre 2020 e 2024 unha caída do 79,68% en quilos e do 77,87% en facturación. Na lonxa de Ribeira, os descensos foron do 58,38% e do 50,10%, respectivamente.

“Defender o mar é defender á nosa xente”, insistiu Mariño, reclamando tamén a creación dun criadeiro (hatchery) de semente de ameixa en Aguiño, unha proposta que, segundo denuncia, segue sen resposta da Consellería do Mar.

As rederas, en condicións indignas

O PBBI tamén puxo o foco sobre as condicións laborais das rederas de Aguiño, homenaxeadas polo Concello no Día da Muller no Sector Marítimo. O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, denunciou que a nave na que traballan sofre filtracións nos días de choiva debido ao mal estado da cuberta.

Abraldes foi claro: “Non vale con parchear. Portos de Galicia debe acometer a renovación integral da cuberta para garantir un lugar de traballo digno a estas mulleres, esenciais para a actividade do cerco”.

Melloras pendentes nos portos

Na mesma liña, o goberno local reclamou no pleno do 30 de setembro de 2024 actuacións urxentes nos portos de Aguiño, Castiñeiras, Corrubedo, Palmeira e Ribeira. A pavimentación do paseo de As Carolinas e da avenida do Malecón comezou a pasada semana, pero desde o executivo consideran insuficiente a resposta.

“Agradecemos as obras en vías de comunicación, pero seguen faltando actuacións clave en materia de seguridade, como reforzos na iluminación, especialmente necesaria no inverno para a xente do mar e demais usuarios”, concluíu Abraldes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.