O médico Xosé María Dios colga a bata na última das citas das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes

30 Maio 2025

Este xoves 29 de maio pola tarde a Casa da Cultura de Outes acolleu a sesión divulgativa de clausura da XIX edición das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. A conferencia, de acceso libre para veciños e visitantes, versou sobre Envellecemento saudábel e foi impartida polo doutor de atención primaria Xosé María Dios Diz.

Con esta sesión chegou ao seu remate o valioso traballo profesional levado a cabo polo doutor Xosé María Dios no concello de Outes, logo de case corenta anos de atención médica primaria no Centro de Saúde e labor divulgativo-informativo. A charla, centrada en compartir recursos dos que botar man para termos calidade de vida, apoderamento e autonomía persoal na terceira idade, concluíu cunha sentida e emotiva despedida: un “até sempre” do que foi médico de Atención Primaria en Outes durante preto de catro décadas, que colgou a bata co remate das xornadas.

A conferencia desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra baixo unha asistencia de mais de 300 persoas.

A coordinación correu a cargo de Elvira García Mosquera, directora do Centro Social da Serra de Outes. Ao final do acto e debido á súa xubilación, o relator (e organizador das xornadas) foi agasallado cunha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A axenda desta nova edición das xornadas cubriu os meses comprendidos entre outubro de 2024 e maio de 2025 e incluíu un completo programa de conferencias e coloquios sobre as máis diversas cuestións, cada xoves de cada mes ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O programa estivo novamente coordinado e organizado polo doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes e voceiro de SOS Sanidade Pública, coa colaboración do Concello (Centro Social), da Universidade de Santiago (USC), da asociación inclusiva ADISBISMUR e da Asociación Cultural Terra de Outes, e tamén da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.