O Concello de Lousame e a AAVV Zernadas de Castro organizan este sábado unha Romaría das Letras para render homenaxe ao Cura de Fruíme

16 Maio 2025

Todo listo no adro da Igrexa de Fruíme (Lousame) para acoller este sábado 17 de maio a primeira Romaría das Letras, unha iniciativa cultural que xunta música, contacontos, obradoiros e reivindicación da figura de Diego Zernadas de Castro, o cura de Fruíme. Unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa asociación de veciños Zernadas de Castro de Fruíme, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación da Coruña.

As actividades arrincarán ás 11:00 horas cunha exposición sobre a vida e obra de Zernadas de Castro que poderá visitarse durante toda a xornada. Ás 12:30 horas celebrarase a tradicional ofrenda floral diante do busto do cura de Fruíme, seguida dun concerto da Banda de Música de Lousame. Ás 13:30 horas, homenaxe ás cantareiras locais da man do grupo de pandereteiras de Lousame da UNED Senior, á que seguirá unha actuación da Asociación Cultural O Son do Pote.

Pola tarde, a partir das 16:00 horas, o adro da igrexa de Fruíme acollerá unha serie de obradoiros culturais, que ás 18:00 horas darán paso a un contacontos da man de Raquel Queizás. O programa rematará coa actuación de Xoán Curiel e o seu espectáculo Treides Comigo – Alén, a partir das 19:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.