O atletismo Galego vestiuse de Gala

31 Maio 2025

No día de onte tivo lugar en Santiago de Compostela a Gala do Atletismo Galego que premiu aos mellores atletas galegos e galegas do ano 2024.

Nun auditorio cunha moi boa entrada, os distintos estamentos do atletismo galego xuntáronse baixo un gran ambente distendido na celebración deste acto que volvía celebrarse logo duns anos de parentese.

Iván Sanmartín, presidente da Federación abría esta edición na que estivo agradecendo a todos a súa asistencia e poñendo en valor os grandes éxitos logrados polo noso deporte ao longo do 2024.

A continuación foron subindo ao escenario os distintos premiados e nominados entre os cales Carlos Estravíz, recibía a Placa Roman Docal a toda unha traxectoria coma xuíz.

Gimnástica de Pontevedra en ambas categorías pola súa banda, recibía o recoñocemento como mellor entidade así como os adestradores Verónica Cores e Manuel Agueitos.

Momento emotivo foi a distinción ca máxima condecoración da Federación Galega a Isidoro Hornillos quen recibía “agradecido e orgulloso” este premio.

Os atletas olímpicos e paralímpicos en París-24 foron distinguidos ao igual que os seus adestradores e os xuíces que tomaron parte no certame olímpico, Dolores Rojas e Loreto Pérez

Ana Peleteiro e Adrián Ben, foron os galardoados como mellores atletas absolutos do ano 2024, ao igual que  Ester Pedrosa e Juan Morales na categoría máster;  Sabela Castelo e Hugo Casañas na Sub16; Aixa Corbacho e Asheber Díaz na Sub18; Aldara Meilán Fernando Vallines na Sub20 e Xiana Lago e Hugo Vázquez na Sub23.

A Xunta de Galicia, as Deputacións provinciais así como Concello de Santiago recibiron tamén o recoñocemento do Atletismo Galego no día de onte.

Distinción Mellores atletas Absolutos

  • Ana Peleteiro
  • Adrián Ben
    Distinción Mellores atletas Sub23
  • Xiana Lago Andrade
  • Hugo Vázquez Pérez
    Distinción Mellores atletas Sub20
  • Aldara Meilán García
  • Fernando Vallines Fernández
    Distinción Mellores atletas Sub18
  • Aixa Corbacho Vidal
  • Asheber Díaz Fernández
    Distinción Mellores atletas Sub16
  • Sabela Castelo López
  • Hugo Casañas Pedrares
    Distinción Mellores atletas máster
  • Ester Pedrosa
  • Iván Morales
    Distinción Mellor club
  • Sociedad Gimnástica de Pontevedra (homes)
  • Sociedad Gimnástica de Pontevedra (Mulleres)
    Distinción Mellores Técnicos
  • Verónica Cores.
  • Manuel Martínez Agueitos
    Distinción atletas olímpic@s
  • Ester Navarrete (olímpica en maratón)
  • Ana Peleteiro (olímpica en triplo)
  • Yulenmis Aguilar (olímpica en xavelina)
  • Antía Chamosa (olímpica en marcha)
  • Tariku Novales (olímpico en maraton)
  • Belén Toimil (olímpica en maratón)
  • Adrian Ben (olímpico en 800 m.

2

Distinción Adestradores de atletas olímpicos

  • Raimundo Fernández
  • Manuel Vigo
  • Manuel Martínez Agueitos

Distinción Xuízas olimpicas

  • Loreto Pérez Roman
  • Dolores Rojas

Distinción Plusmarquistas galeg@s absolutos

  • Esther Navarrete
  • Uxía Pereira
  • Lia Caride
  • Ana Peleteiro
  • Yulunmis Aguilar
  • Hugo Vázquez

Distinción Récord Internacional

  • Juan Manuel Morales del Castillo

Distinción Atletas internacionais ca RFEA

  • Belén Toimil
  • Enma Méndez
  • Yulenmis Aguilar
  • Adrián Ben
  • Iker Fernández
  • Gonzalo Cuns
  • Sabela Martínez
  • Asheber Díaz
  • Aixa Corbacho
  • Lara Iglesias
  • Aldara Meilán
  • Sandra González
  • Ester Navarrete
  • Ana Peleteiro
  • Xiana Pungín
  • Antía Chamosa
  • Saleta Fernández

3

Distinción Medallistas Internacionais RFEA

  • Ana Peleteiro
  • Xiana Pungin
  • Asheber Díaz
  • Belén Toimil
    Insignia de Ouro da Federación Galega de Atletismo
  • Isidoro Hornillos
    Distinción Mención especial
  • Adi Iglesias
    Placa Ramón Docal (Xuiz)
  • Carlos Estraviz.
    Distincións instituciones públicas
  • Xunta de Galicia,
  • Deputación de A Coruña,
  • Deputación Lugo,
  • Deputación Ourense,
  • Deputacion de POntevedra
  • Concello de Santiago

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.