“Moldes celebra Nosa Señora de Belén”.

11 Maio 2025

Antonio González Millán.- Feliz día de romaxe: segundo domingo de maio, Nosa Sra. de Belén. Culto dun cruceiro situado nunha antiga encrucillada de camiños montesíos, presidindo unha vella necrópole de tempos prehistóticos. O sincretismo de deuses idos substituidos por deuses vidos: o culto popular a unha das imaxes da Theotokos (a que da á luz a Deus) a Virxe Nai trono de graza do Neno.

Situado entre os límites de dous termos municipais recentes, xurdidos a mediados do século XIX, trátase dun monumento anterior a esa división político-administrativa. O lugar de Moldes onde se erguer este gran cruceiro, no século XIII, por documentos consta ser da freguesía de Santa Cruz de Lesón. Igualmente no século XVII e nos censos de población dos lugares da Pobra do Caramiñal ata antes da posguerra iniciada en 1939. Razón pola que é romaxe tradicional dende tempos inmemoriais promovida e organizada pola veciñanza deste concello e párroco de Santiago da Pobra do Deán. Xa que avanzando o século XVI Santa Cruz pasaría a ser anexo seu.

Un dos máis espectaculares cruceiros de capela, alcumados “de Loreto” por Alfonso D. Castelao no seu tratado en col de “As cruces de pedra en Galiza”, debuxado e titulado como “Cruceiro de Moldes, Caramiñal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.