Medio Ambiente prosegue coa eliminación de exóticas nas Illas Atlánticas e no Parque Natural de Corrubedo ao abeiro de Life Global

26 Maio 2025

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, participou este luns 26 de maio na inauguración dunha xornada sobre os espazos de Rede Natura 2000 na que debullou o labor que está a facer a Xunta na conservación das áreas protexidas ao abeiro do proxecto Life Global. Esas actuacións, cun investimento de máis de 250.000 euros, inclúen a eliminación de especies exóticas invasoras e a restauración dos hábitats e especies vulnerábeis da contorna. Explicou que as tarefas da Xunta nesta iniciativa consisten na eliminación e control mediante métodos manuais de especies invasoras de flora nas lagoas costeiras das illas Cíes -no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia- e no complexo húmido de Corrubedo -no Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán-, situadas no ámbito costeiro de Galicia, en zonas de dominio público marítimo-terrestre.

A directora xeral detallou que estes traballos execútanse de “forma selectiva”, evitando o uso de métodos químicos e seguindo os principios de cautela ambiental, polo que se realizan a pequena escala e preferentemente de maneira manual.

De feito, sinalou, “emprégase só pequena maquinaria ou apeiros mecanizados lixeiros cando é estritamente necesario polas dimensións das especies alóctonas a eliminar”, sinalou, engadindo que “estes traballos contan cun orzamento de algo máis de 254.000 euros, dos que o 75% é cofinanciado pola Comisión Europea e o 25% restante pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural con recursos propios”.

O proxecto Life Global é a Estratexia transnacional para a restauración de áreas de Rede Natura 2000 de alto valor de conservación no norte da Península Ibérica baixo unha perspectiva de cambio global. A xornada de hoxe está coordinada polo Instituto de Biodiversidade Agraria de Galicia e Desenvolvemento Rural (Ibader) coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas.

O programa Life é o único instrumento financeiro da Unión Europea dedicado exclusivamente ao medio ambiente e á acción polo clima. Desde 1992 aprobáronse máis de 970 proxectos Life en España (5.500 en toda a UE) cun orzamento total superior aos 1.850 millóns de euros e unha contribución da Comisión Europea de case 900 millóns de euros, case 12.000 millóns de euros en toda a Unión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...