Homenaxeada polo Concello de Rois, Josefina Lago Rey celebra 102 anos rodeada de agarimo e recoñecemento en Urdilde

02 Maio 2025

O Concello de Rois celebrou esta semana unha data moi especial: o 102 aniversario de Josefina Lago Rey, veciña da aldea de Macedos, na parroquia de Urdilde. O alcalde, Ramón Tojo Lens, achegouse persoalmente ata o seu domicilio para trasladarlle as felicitacións en nome de toda a veciñanza.

Acompañada pola súa filla Chelo, que a coida con dedicación e tenrura, Josefina recibiu un ramo de flores, unha felicitación personalizada e unha medalla conmemorativa como mostra do aprecio e respecto do municipio. Un recoñecemento máis que merecido para unha muller que dedicou a súa vida ao traballo no campo, á casa e á familia.

Ata os 94 anos, Josefina seguía cociñando, demostrando unha vitalidade que sorprende e inspira. Sobre o segredo da súa lonxevidade, ela mesma confesaba ao cumprir os 100 anos que está en “levarse ben con todo o mundo”.

Desde o Concello de Rois, trasladamos os nosos parabéns máis sinceros a Josefina e desexámoslle moita saúde e felicidade neste novo ano de vida. O seu exemplo é un orgullo para toda a comunidade.

C.R.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.