Venres con chuvascos localmente tormentosos

01 Maio 2025
meteogalicia

Este venres 2 de maio, Galicia permanecerá baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste, con aire frío nas capas altas da atmosfera. Como resultado, espéranse ceos parcialmente cubertos e chuvascos que gañarán intensidade a partir do mediodía, podendo ser de carácter tormentoso nalgúns puntos da comunidade.

As temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. En canto ao vento, soprará de dirección variable, con predominio da compoñente sur no interior.

O noso mar: Vento variable, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.