Este venres abre o prazo de inscrición no Campamento Concilia Verán de Rianxo

16 Maio 2025

Este venres 16 de maio abre finalmente o prazo de inscrición no Campamento Concilia Verán 2025 organizado polo Concello de Rianxo para facilitar que as familias harmonicen en tempo de vacacións a vida laboral e o lecer. As solicitudes poderanse presentar ata o 26 deste mesmo mes. O campamento, destinado á rapazada de entre 3 e 12 anos, desenvolverase dende o 23 de xuño ata o 29 de agosto. Ademais, contará con Plan Madruga e con servizo de transporte para facilitar os desprazamentos dos nenos e nenas que participen. Toda a información, así como o formulario de inscrición, está xa dispoñíbel na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.