Comeza a coller corpo unha das grandes citas deportivas desta primavera na xeografía galega: o Triatlón Mar de Muros – Trofeo Iván Raña, que este ano chega á súa sexta edición. Sen ir máis lonxe, este luns día 5 de maio ás 10.00 horas abre o prazo de inscricións para este evento deportivo, que terá lugar o sábado 7 de xuño en Muros.
As inscricións realizáranse a través da plataforma da FEGATRI (Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno), onde tamén podemos consultar o regulamento da proba e a información xeral e específica da mesma.
Organiza o Concello de Muros coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Muros, a Garda Civil de Muros, o GES Muros e a Secretaría Xeral para o Deporte.
A proba desenvolverase en Muros, con saída e zona de transición no porto, con centro de información en control na Casa do Concello e con zona de estacionamento no parque empresarial.
As distancias serán as seguintes: 750 metros (natación), 20 quilómetros (ciclismo, 4 voltas) e 5 quilómetros (carreira de a pé, 4 voltas).
Novamente contarase participación duns 150 atletas, o número máximo permitido.




