Dimite como senador o ex-alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo

09 Maio 2025

O exalcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, presentou hoxe a súa renuncia como senador do PSOE pola provincia da Coruña, adiantando así a súa saída da primeira liña política que inicialmente estaba prevista para o 23 de xullo. A dimisión coincide coa súa declaración como testemuña no xuízo relacionado coa expulsión de catro concelleiros socialistas do Concello de Santiago, aos que Bugallo apoiou publicamente.

A súa saída do Senado abre paso a Manuel Mirás, exalcalde de Oroso, quen asumirá o escano conforme ao acordo interno do partido. A decisión de Bugallo prodúcese nun contexto de tensión interna no PSdeG, especialmente tras a expulsión dos edís que el arroupou, e que motivou críticas pola “imagen horrorosa” que o partido está a proxectar en Santiago.

Con esta renuncia, Bugallo pecha unha etapa política de máis de tres décadas, na que destacou como alcalde de Santiago en dúas ocasións (1998–2011 e 2019–2023), deputado no Parlamento de Galicia e senador desde 2023. (Wikipedia)

C.S.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.