Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

16 Maio 2025

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio e a vida socioeconómica destas localidades, e fomentar a colaboración entres os concellos nas que se sitúan.

A acción, que se desenvolve os días 16,17, 30 e 31 de maio, e o 6 e 7 de xuño, conta co apoio económico de Mar. De feito, a inauguración da iniciativa contou coa presenza do conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Tapeando polo mar busca impulsar o consumo de peixe local e de tempada, ademais da actividade turística que leva aparellada a actividade marítimo-pesqueira da comarca. Os produtos protagonistas serán o mexillón, o atún e a anchoa, que rotarán entre as tres localidades, de modo que cada unha delas acollerá actividades centradas nas tres especies en distintos fins de semana.

Así, haberá showcookings en directo a cargo de cociñeiros e hostaleiros locais e foodtrucks con propostas culinarias innovadoras, entre outras propostas de lecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...