Airiños celebra este sábado 10 de maio a Festa das Letras Vivas en Asados, coa colaboración do Concello e a Deputación

09 Maio 2025

O histórico grupo Teatro Airiños, con sede na parroquia rianxeira de Asados, vai festexar a cultura galega este 10 de maio en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Estamos a falar da Festa das Letras Vivas en Asados, que terá o seu epicentro na Carballeira do Cura e que dará comezo ás 11.30 horas cunha ollada á literatura local a través da actividade Plumas de Asados, na que participarán, presentando as súas novas propostas editoriais, os escritores locais Ramón Blanco, Maite Mosconi e Rosa Suárez. Logo será a quenda da sesión vermú, a cargo de Bouba Pandeireteiras, a partir das 13.30 horas.

Logo do xantar popular (con empanada, polbo, churrasco e ensalada, sobremesa e bebidas, con inscricións requiridas) volven as actividades literarias ás 17.00 horas co Recital das Letras Vivas, no que poderemos escoller unha autora ou autor viva/o en lingua galega e participar, cun límite de tres minutos por persoa (inscricións en contacto@teatroairinhos.es). A vertente musical virá da man do Cuarteto Riamona.

A partir das 18.30 volve a música con Boroa, grupo de Ribeira integrado por Suso Bello e Sabela Olivares, gaiteira e docente que conta cunha ampla experiencia formativa e interpretativa en Rianxo.

A festa rematará a partir das 20.00 horas co Trivial Cabareteiro, xogo de preguntas en grupo con premio e “moitas sorpresas”. Poderán participar un máximo de 10 equipos, perpetrados con cadanseus teléfonos móbiles (única ferramenta que se precisa para participar no concurso). Inscrición en contacto@teatroairinhos.es.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.