Accidente por alcance no concello de Boiro

05 Maio 2025

O parque provincial de Boiro recibiu un aviso do 112 ás 14:12 h por un accidente de tráfico por alcance na Rúa Principal do concello de Boiro.

Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que as tres persoas que resultaron feridas leves xa se atopaban atendidas polo persoal da ambulancia do 061 e foron trasladadas ao hospital do Barbanza. Os bombeiros procederon á limpeza da estrada.

Completou a intervención o 061, Protección Civil e Policía Local de Boiro.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.