A Xunta inviste máis de 4,6 millóns de euros na mellora de tres centros educativos en Vilagarcía

03 Maio 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o CEIP Plurilingüe Arealonga de Vilagarcía de Arousa, onde a Xunta de Galicia vén de iniciar obras de ampliación cun orzamento de 712.000 euros.

Durante a visita, o conselleiro destacou que o Goberno galego está a acometer este ano investimentos por máis de 4,6 millóns de euros en tres centros educativos do municipio. Ademais da intervención no Arealonga, avanzan as obras de ampliación do CIFP Fontecarmoa e está a piques de comezar a instalación dun ascensor no IES O Carril.

“Con estas actuacións demostramos o compromiso do Goberno galego, ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, coas instalacións educativas deste concello pontevedrés”, sinalou Rodríguez.

Melloras no CEIP Arealonga

As obras no CEIP Arealonga inclúen a ampliación do edificio en 130 m² e a reforma doutros 506 m². Os traballos, cun prazo de execución de seis meses, teñen como obxectivo mellorar a accesibilidade e reorganizar os espazos do centro. Está previsto instalar un ascensor, un novo núcleo de escaleiras e un aseo adaptado. As distintas edificacións quedarán conectadas por pasarelas cubertas para garantir un acceso cómodo e a cuberto entre os distintos módulos.

Tamén se dotará o colexio dun novo comedor e dunha sala para a ANPA, así como doutros espazos complementarios. Ademais, mellorarase a eficiencia enerxética mediante o illamento térmico da fachada, a renovación parcial de fiestras e cubertas, e a substitución das luminarias.

Avances no CIFP Fontecarmoa

No Centro Integrado de Formación Profesional Fontecarmoa, as obras de ampliación avanzan a bo ritmo e xa se atopan executadas ao 20 %. Cun investimento de máis de 3,7 millóns de euros, prevese construír máis de 2.200 m² adicionais, especialmente no edificio de talleres. O edificio principal medrará en 335 m² e a actuación permitirá reorganizar os espazos, crear un soto técnico para instalacións e mellorar a funcionalidade do centro.

Nova accesibilidade no IES O Carril

Por último, no IES O Carril está previsto instalar un ascensor cun orzamento de preto de 170.000 euros. A actuación completarase coa creación dun aseo accesible na planta baixa, así como coa renovación do falso teito e das luminarias nos principais vestíbulos e corredores das tres plantas do edificio.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.