A veciñanza de Padrón gozou da excursión á ruta do Cares e aos lagos de Covadonga

12 Maio 2025

Un total de 30 persoas participaron os pasados días 9, 10 e 11 de maio na excursión de sendeirismo organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón aos espectaculares paisaxes asturianos da ruta do Cares e os lagos de Covadonga, en Asturias.

Durante a fin de semana, o grupo desfrutou dun excelente ambiente de convivencia e bo tempo para camiñar. A climatoloxía acompañou especialmente na ruta do Cares, sen chuvia, e só con leves precipitacións o segundo día, que non impediron o desenvolvemento das actividades previstas.

A expedición estivo acompañada pola concelleira de Servizos Sociais e Relacións Veciñais, Mariló Saco, e polo técnico de Deportes, Roberto Martínez, que compartiron a experiencia co grupo. O Concello agradeceu especialmente a profesionalidade e implicación do guía Jesús, cuxas explicacións enriqueceron o percorrido.

Esta actividade forma parte do compromiso municipal por fomentar o deporte ao aire libre, o envellecemento activo e a participación veciñal, promovendo hábitos saudables en contornos naturais.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...