A Rede Cultural 2025 da Deputación pecha a súa axenda cun programa de 1.184 espectáculos

05 Maio 2025

A Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña programará 1.184 espectáculos, nunha axenda que chegará a todos os concellos do territorio e que estará aberta ata o 31 de marzo de 2026. O investimento final da administración provincial no circuíto alcanza os 1.521.024 euros.

Teatro, monicreques, maxia, danza, música, cinema, narración oral e outros contidos para a dinamización social do galego completan un catálogo que se distribúe deste xeito:

Escena ao vivo, programa de propostas profesionais de teatro e monicreques, maxia, danza e música para concellos: 847 espectáculos (469 de teatro e monicreques, 264 concertos, 80 de maxia e 34 de danza).

Visións, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 64 filmes.

Lingua a escena!, programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos: 128 actuacións.

Alicerce, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 145 espectáculos.

A Deputación asume o 75% do orzamento das actuacións da Rede Cultural en concellos de menos de 5.000 habitantes, o 60% nos que teñen entre 5.001 e 10.000, o 50% nos de entre 10.001 e 20.000, o 40% nos de entre 20.001 e 50.000 e finalmente un 30% nos máis de 50.001.

“Con esta nova edición da Rede Cultural consolidamos un modelo descentralizado, sostíbel e participativo, que sitúa a cultura como un dereito e un servizo público”, sinalou a deputada de Cultura, Natividade González.

Para González, “a cultura é un motor de desenvolvemento social e económico, e este investimento permitirá achegar a todos os concellos da provincia, mesmo aos máis pequenos, un programación diversa e de calidade que reflicte a riqueza e o talento do sector, desde o teatro á música, a danza, o cinema, a maxia ou a narración oral”.

O departamento de Cultura provincial segue apostando, segundo a Deputada, “por un circuíto que tece redes e que, desde a proximidade e en colaboración coas administracións locais, enriquece a vida da veciñanza, ademais de proporcionar un espazo de traballo relevante e ofrecer oportunidades profesionais a compañías e artistas”.

A axenda de espectáculos pódese consultar na sección de Cultura da páxina web da Deputación.

A resolución de adxudicación aos concellos dos espectáculos da Rede Cultural 2025 pode consultarse no BOP do 29 de abril.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.