A Pobra do Caramiñal acolle os días 24 e 25 o Torneo Internacional CONGALSA de fútbol base

20 Maio 2025

A Pobra do Caramiñal dará acollida os días 24 e 25 de maio ao Torneo Internacional CONGALSA de fútbol base, a favor da Fundación Aladina.

“Este torneo vai moito máis alá do fútbol. É un torneo cun forte compoñente solidario. […] O que se ve aquí é o fútbol como unha ferramenta de apoio aos demais. De solidariedade, de traballo en equipo, de xenerosidade e de compromiso” apuntaba Ana Garrido, xefa de relacións externas da empresa local CONGALSA.

Pola súa banda, Roberto García Fernández, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Roberto García Fernández, sinalou que “o deporte para nós non é soamente competición, é tamén saúde, calidade de vida e orgullo de país. Un dos obxectivos é, sen dúbida, que os nenos se divirtan, ademais da competición. O noso aporte neste campionato tamén é desenvolver o turismo. O binomio turismo-deporte é positivo para todos”.

O concelleiro de deportes, Eloy Sobrido García, comentaba: “Dende o Concello da Pobra estamos encantados de acoller un torneo que mistura deste xeito deporte e solidariedade. Estamos enormemente agradecidos con CONGALSA, con todas as entidades implicadas e moi sinaladamente coa fundación Aladina, polo gran labor que realizan”.

Unhas 4.000 persoas pasarán pola comarca, sendo este un Torneo que acolle a 39 equipos da categoría alevín de diferentes comunidades autónomas do país, así como equipos procedentes de Portugal e Francia. O Torneo desenvolverase no Estadio da Alta da Pobra.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.