A Catedral de Santiago celebra o Día Internacional dos Museos con visitas guiadas e xornada de portas abertas

12 Maio 2025

O Museo Catedral de Santiago súmase un ano máis á celebración do Día Internacional dos Museos, que se conmemora o 18 de maio baixo o lema “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”. Con motivo desta efeméride, o museo organizará unha xornada de portas abertas, visitas guiadas a espazos singulares e agasallos para os visitantes, co obxectivo de difundir o valioso patrimonio que custodia e dar visibilidade ao labor de conservación da Fundación Catedral.

Ao longo da semana, programáronse diferentes visitas guiadas a espazos de gran relevancia histórica e artística. Os días martes 13 e xoves 15 de maio, ás 12:00 horas, terá lugar a visita ao Panteón Real da Catedral, situado na capela das Reliquias. O mércores 14 e o venres 16 de maio, ás 16:00 h, ofrecerase un percorrido pola igrexa de San Martiño Pinario, recentemente incorporada ás modalidades de visita do Museo Catedral grazas ao programa Compostela Sacra.

O sábado 17 de maio, ás 11:00 h, está prevista a visita guiada ao conxunto monumental do Museo, igrexa e claustro de Sar, coñecido como MuSar. Finalmente, o propio domingo 18 de maio, Día Internacional dos Museos, celebrarase unha visita especial á colección de tapices do Museo Catedral ás 12:00 horas.

Como colofón da celebración, durante todo o domingo 18 de maio o acceso á colección permanente do Museo Catedral será gratuíto para todos os visitantes.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente nas diferentes visitas a través dos correos electrónicos habilitados:

Con esta programación, a Catedral de Santiago busca achegar a historia, arte e espiritualidade do seu conxunto monumental a un público máis amplo, implicándose activamente nunha conmemoración que promove o acceso aberto á cultura.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.