A Aula CeMIT do Concello de Boiro mantense como aula de referencia durante o ano 2025

28 Maio 2025

O Concello de Boiro recibiu da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) unha subvención por importe de 15.000 euros para a Aula CeMIT e renova a súa condición de “aula de referencia” en 2025 para o funcionamento do centro e a realización de actividades formativas.

O obxectivo da Rede CeMIT na que está integrada a aula de Boiro é fomentar a autonomía persoal e o envellecemento activo mediante o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación); promover coñecementos e competencias dixitais para fomentar a empregabilidade dos cidadáns; así como impulsar a promoción da innovación social dixital.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, leva en activo dende o ano 2010, sendo, en palabras do Concello, “un espazo modélico dende os seus inicios debido a que conta con persoal adscrito ao centro e formación en novas tecnoloxías durante todos os meses do ano”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.