Martes 13, nuboso e con chuvascos ocasionais diminuíndo pola tarde

12 Maio 2025

A xornada de este martes 13, Nosa Señora de Fátima, estará aínda marcada pola influencia das baixas presións que irán perdendo intensidade. Agárdanse ceos con intervalos nubosos e chuvascos ocasionais, máis probables pola mañá nas zonas da comarca e das rias baixas pero que tenderán a remitir progresivamente a medida que avance o día cara ao interior.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas poderían experimentar lixeiros ascensos no interior oriental(10/18 graos). Os ventos soprarán en xeral frouxos, de compoñente oeste.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.