Xoves 1, xornada de tempo inestable

30 Abril 2025

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior

A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica na rexión.

A xornada comezará con néboas matinais, especialmente nas zonas do interior como o Val do Salnés ou o interior de Pontevedra, que darán paso a ceos con nubes de tipo medio e alto. Co avance do día, prevese o desenvolvemento de nubes de evolución, que poderían dar lugar a chuvascos treboentos durante a tarde, sobre todo nas comarcas interiores.

As temperaturas mínimas rexistrarán un descenso moderado, mentres que as máximas non experimentarán grandes cambios, agás un lixeiro ascenso nas zonas do sur. En canto aos ventos, soprarán do sur pola mañá e cambiarán a nordés a partir do mediodía, o que podería refrescar o ambiente nas áreas costeiras.

Venres 2: ceos parcialmente cubertos, con chuvascos que serán máis intensos a partir do mediodía, ocasionalmente de carácter tormentoso,

Sábado 3:día de precipitacións en forma de chuvasco na maior parte do territorio galego sendo máis intensos na franxa atlántica.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do leste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.