Espérase que unha borrasca pase moi preto de Galicia, xerando unha notable inestabilidade atmosférica. Esta situación deixará ceos maioritariamente nubrados e precipitacións que poden ser localmente treboentas, especialmente intensas na metade sur e oeste do país.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que o vento soprará do sur-suroeste con intensidade moderada en xeral, aínda que será máis forte nas Rías Baixas. Prevese que se produzan refachos de vento que superen os 70-80 km/h, particularmente no sur da provincia de Ourense e nas zonas de montaña.

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sur á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



