Un operario tivo que ser evacuado logo de caer desde un tellado en Ribeira

08 Abril 2025

O accidente laboral ocorreu no porto de Ribeira. Pasaban uns minutos das 16:30 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando dunha caída duns 8/10 metros dun traballador. O operario estaba realizando tarefas no tellado dunha nave industrial cando as uralitas romperon e provocaron a súa caída ao chan.

De inmediato informouse do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado ata o punto para o posterior traslado do ferido ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

A maiores, desde o 112 Galicia tamén se informou do suceso aos Bombeiros de Ribeira, ao GAEM de Ribeira, aos axentes da Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil.

Foto cedida polo Parque de Bombeiros de Ribeira (Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...