Thiago Vidal, gañador do cuarto concurso escolar de deseño de marcapáxinas da Biblioteca Municipal de Ribeira

23 Abril 2025

Thiago Vidal Vidal, alumno de sexto de primaria do CEP Carreira (Pé do Corniño) resultou finalmente o gañador do IV Concurso escolar de deseño
de marcapáxinas da Biblioteca Municipal de Ribeira. Ao acto de entrega asistiron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o técnico da Biblioteca Xan Fernández e o alumno gañador xunto aos compañeiros e compañeiras do colexio Pé do Corniño.

Os asistentes ao acto puideron ver a exposición na biblioteca dos 307 marcapáxinas participantes no concurso dos colexios CEIP de Olveira, Artes,
Palmeira, Carreira, O Grupo e CPR Galaxia. Todos os deseños estarán dende o día de hoxe ata fin de mes expostos en paneis na Biblioteca; co deseño gañador fixéronse unhas copias que serán repartidas aos usuarios e usuarias da propia Biblioteca Municipal.


O gañador Thiago Vidal sinalou que elixiu un motivo “mariñeiro e moi ribeirense”.

Cruz Rivadulla entregou a Thiago un diploma honorífico, un lote de libros xunto cunha ducia de marcapáxinas co seu deseño para entregar aos
amigos e familiares. A concelleira deulles as grazas aos alumnos presentes e estendeunas a tódolos participantes.

O xurado non o tivo doado pola gran calidade dos traballos, Antía sinalou que “o primeiro que se ten en conta son as faltas de ortografía”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.