Ribeira finaliza as obras de pavimentación na rúa do Colexio de Corrubedo e supera os 412.000 euros investidos na parroquia

14 Abril 2025

O Concello de Ribeira completou recentemente as obras de pavimentación e renovación do saneamento na rúa do Colexio de Corrubedo cun investimento de 67.000 euros. Esta intervención forma parte dun plan máis amplo destinado a mellorar os servizos básicos nas parroquias do municipio.

Concello de Ribeira

O alcalde, Luís Pérez Barral, acompañado dos tenentes de alcalde, destacou que “estas actuacións responden ás demandas veciñais e teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida da xente, garantindo uns servizos públicos á altura”.

A mellora na rúa do Colexio engádese a outras actuacións recentes, como a renovación do saneamento na rúa Buenos Aires (45.000€), a pavimentación e optimización da rede de pluviais na rúa dos Pozos (39.000€) —favorecendo a redución do risco de asolagamentos— e a creación de novas beirarrúas no entorno do Faro de Corrubedo (100.000€), que buscan garantir a accesibilidade e a seguridade viaria.

Ademais, no ámbito deportivo, Ribeira investiu 116.000 euros na parroquia de Saamil para a construción de tres pistas de tenis, ampliando as opcións de lecer e deporte para a mocidade e a veciñanza.

De cara aos vindeiros meses, o Concello xa ten prevista a renovación do saneamento e das pluviais na rúa Canaval, cun orzamento de 45.000 euros.

“Estamos a falar de máis de 412.000 euros destinados a mellorar os servizos básicos, como o saneamento, a seguridade viaria e a accesibilidade, así como as infraestruturas deportivas. Este goberno local está comprometido con dar resposta ás necesidades reais das parroquias e imos continuar nesta liña”, subliñou Pérez Barral.

Outros artigos

Morre o arroaz “Ladiña” a causa dun accidente cunha hélice

A Coordinadora para ou Estudo dous Mamíferos Mariños (CEMMA) informou da morte do golfiño solitario chamado Ladiña por mor dun accidente coa hélice dun barco. Segundo informa nun comunicado, a coordinadora rexistrou o falecemento do cetáceo asentado na ría de Arousa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.