Ribeira convoca ao voluntariado para limpar a praia de Coroso

25 Abril 2025

Este venres 25 de abril, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio, a partir das doce na praia de Coroso e á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira, procederase a realizar unha limpeza colectiva da praia de Coroso, unha xornada de traballo para a que está mobilizada a veciñanza voluntaria do concello e da comarca. Poderán inscribirse a través da web municipal.


Nesta actividade de limpeza colabora a Cofradía da Dorna que xunto co Concello aportará uns petiscos ao rematar a xornada. Os concelleiros informaron que será preciso “traballar con coidado por mor da tempada de aniñamento da píllara das dunas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.