Porto do Son mellora a iluminación do campo de fútbol Preguntoiro grazas ao apoio da Xunta

01 Abril 2025

A delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, visitou hoxe o concello de Porto do Son acompañada polo alcalde, Luís Oujo, para coñecer os avances realizados no marco do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, que achegou 60.000 euros á renovación da iluminación do campo de fútbol municipal Preguntoiro. Este centro deportivo alberga 9 equipos e conta con 168 licenzas federativas.

Reforma integral e eficiencia enerxética

A achega permitiu executar unha reforma integral da iluminación. O proxecto incluíu a substitución dos 16 focos existentes de 2.000 W por 20 luminarias con tecnoloxía LED, instaladas nas torres de 18 metros de altura do recinto. Belén do Campo destacou que esta intervención reducirá o consumo eléctrico nun 54%, traducíndose nun aforro anual de máis de 4.000 euros para o Concello. Ademais, mellorará a eficiencia enerxética e diminuirá os custos de mantemento grazas á maior durabilidade da tecnoloxía LED empregada.

Impacto na comarca do Barbanza

A delegada lembrou que este fondo xa beneficiou outros municipios da comarca do Barbanza, como Noia e Carnota, con axudas que sumaron 163.000 euros no ano pasado. En palabras de Belén do Campo, estas colaboracións entre o Goberno galego e os concellos son fundamentais para implementar actuacións que redunden no benestar da veciñanza, especialmente nos municipios pequenos.

Nova convocatoria de fondos en 2025

Durante a visita, Belén do Campo informou sobre a apertura da nova convocatoria de fondos adicionais, cunha dotación de 5 millóns de euros. As solicitudes poderán presentarse ata o 14 de abril a través da sede electrónica da Xunta. Estas axudas están destinadas a financiar obras de eficiencia enerxética en instalacións municipais de concellos con menos de 15.000 habitantes, priorizando as deportivas, educativas, sociais, sanitarias ou culturais.

Entre os criterios de valoración destacan investimentos relacionados con enerxías renovables, melloras na envolvente térmica, instalación eléctrica ou iluminación, así como a necesidade específica das actuacións previstas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.