Padrón reafirma o seu compromiso coa memoria histórica e homenaxea a Alberte de Esteban

14 Abril 2025

Alberte de Esteban subliña que o Día da Memoria Democrática Padronesa permite “recuperar a nosa historia, esa que sempre foi negada e sepultada”

O Auditorio Municipal de Padrón acolleu a segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, un evento organizado polo Concello para homenaxear ás vítimas da represión franquista e reforzar os valores de xustiza, liberdade e memoria.

O acto contou coa actuación da Banda Municipal de Padrón e do dúo de acordeóns Ad Libitum, que interpretaron pezas emblemáticas como ¡Ay, Carmela! e o Himno de Riego. Tamén se realizaron lecturas a cargo da asociación feminista Moradaura.

Durante o evento, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou a importancia da memoria histórica e lembrou a recente decisión do Concello de retirar todas as honras ao ditador Franco. “Este foi un paso fundamental para que Padrón avance na recuperación da súa historia e rache definitivamente cos vínculos co réxime franquista”, sinalou.

O homenaxeado nesta edición foi Alberte de Esteban Gracia, destacado referente do movemento anarcosindicalista, da educación pública e da defensa da lingua galega. No seu discurso, agradeceu o recoñecemento e felicitou ao Concello pola retirada da simboloxía franquista no municipio. Alberte lembrou a súa traxectoria como mariño mercante, actor e profesor de Lingua e Literatura Galega, así como a súa vinculación con iniciativas sociais e educativas.

O Concello de Padrón reafirmou o seu compromiso coa memoria histórica e coa construción dunha sociedade baseada na dignidade, na liberdade e na xustiza. A celebración do Día da Memoria Democrática Padronesa consolídase así como un evento clave na recuperación da memoria colectiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...