O Concello de Rianxo ampliou a Isorna, Taragoña e Leiro as súas actividades de envellecemento activo e autonomía persoal

25 Abril 2025

O Concello de Rianxo segue adiante co seu Programa de Envellecemento Activo, que xa ten novos grupos activos nas parroquias de Isorna (con grupos na Casa da República e na Bacariza), Taragoña e Leiro.

Este programa, que comezou como un proxecto piloto na parroquia de Rianxo, está orientado a ampliar a esperanza de vida activa e saudábel para persoas maiores, así como contribuír a aumentar o máximo posíbel a súa autonomía persoal á vez que serve como medida de detección precoz de posibles deterioros cognitivos.

Este programa conta co apoio da Deputación da Coruña a través do POS+ Adicional 1/2025 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

O Concello de Rianxo reforzou o programa neste 2025 cun investimento de algo máis de 11.000€ para chegar a máis parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.