O Concello da Pobra colabora con ASAJA nun novo curso de formación sobre agricultura ecolóxica

24 Abril 2025


O Concello da Pobra do Caramiñal vén de anunciar un novo curso de formación, en colaboración con ASAJA, sobre agricultura ecolóxica, aberto á veciñanza.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente deuse a coñecer esta nova oferta de formación sobre agricultura ecolóxica, na que o Concello colabora con ASAJA (Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores) para que os agricultores locais poidan profundar neste ámbito.

O curso será os días 5, 6 e 7 de maio, en modalidade presencial, no auditorio da Biblioteca Municipal, no 3o andar. O horario deste será de 16:00 a 21:00 horas, de xeito gratuíto para todo o que queira asistir.

Aquelas persoas interesadas en participar no curso deberán pórse en contacto a través do correo electrónico formacion@asaja.com, ou a través de WhatsApp no número 638 160 677.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...