Martina López Gestal abre cun emotivo pregón unhas Festas da Pascua que encherán Padrón de tradición, deporte e música

19 Abril 2025

A praza de Macías acolleu o pregón e o comezo oficial dunhas festas que continuarán ata o 27 de abril co domingo de Pascuilla

O Concello de Padrón inaugurou oficialmente este sábado, 19 de abril, as Festas de Pascua, un evento anual que combina tradición, deporte e cultura. A triatleta padronesa Martina López Gestal foi a protagonista da xornada, asinando no Libro de Honra do Concello antes de protagonizar un emotivo pregón.

O alcalde Anxo Arca destacou o esforzo colectivo detrás das festas e agradeceu á comunidade o seu compromiso. Durante o acto, conducido pola creadora de contidos Sara Seco Rial, reafirmouse o compromiso con valores como a igualdade e o talento local.

A xornada tamén incluíu eventos destacados como a XLIV Carreira de Pascua, que contou con máis de 600 participantes, e a inauguración da 52ª Feira Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial, consolidada como referente no sector galego.

A presentación da inauguración correu a cargo de Sara Seco, creadora de contido e premiada no certame Youtubeiras + polo seu traballo en TikTok. A comunicadora, orixinaria de Valga, foi a encargada de conducir o acto de apertura das Festas de Pascua. Con esta escolla, o Concello de Padrón quixo reforzar o seu “compromiso coa visibilidade das mulleres no ámbito cultural e festivo”, así como co talento da comarca e dos pobos irmáns, como tamén se reflectiu na elección do ilustrador lestrovense Mateo Pardal como autor do cartel oficial das festas.

Logo do pregón deste sábado, a festa proseguiu coas actuacións de La Fórmula, que celebrou os seus 10 anos cun espectacular directo, e Unión y Fuerza, orquestra padronesa de referencia.

O Domingo de Pascua (este 20 de abril) converterase na Noite Xove, cunha programación especialmente pensada para o público máis novo. Desde as 19:30 horas, Magos, unha formación nova e dinámica, ofrecerá o seu espectáculo antes da emblemática París de Noia, que desde 1957 marca a diferenza co seu escenario móbil de última xeración. Á 1:00 horas, Ricky Galende presentará o seu espectáculo de música, son e iluminación Renovation Experience no paseo do Espolón, garantindo unha noite de festa e diversión.

O Luns de Pascua, o protagonismo recaerá dende as 21:00 horas en Los Satélites, con máis de 80 anos de traxectoria, e ás 22:30 horas en Olympus, unha das orquestras máis espectaculares de Galicia con escenografía, coreografías e luminotecnia de alto nivel.

O martes, o Dúo Máster de Padrón animará a xornada antes da chegada ás 23:00 horas de Panorama, unha das orquestras máis populares de España cunha media de 200 actuacións anuais.

Máis propostas durante a Pascuilla

Desde o Concello de Padrón búscase ofrecer unha programación musical pensada para todos os gustos, combinando modernidade e tradición. Así, durante a Pascuilla, a música seguirá enchendo as rúas de Padrón con bandas como Los Wavy Gravies, Five Star Service ou Banda de Nash, ademais de orquestras como América, Kubo, Marbella e as padronesas Atenas e Charleston que suma xa dúas décadas enriba do escenario. O venres da Pascuilla estará marcado pola predominancia do rock, reforzando así a diversidade musical e apostando por novas propostas para todos os públicos.

A Banda da Loba, grupo galego integrado por cinco mulleres que fusionan pop, blues, folk e rock, será outro dos grandes atractivos destas festas en Padrón. Ademais, o Tributo a El Canto del Loco e as sesións dos diferentes DJs no Open Air garanten unha festa completa ata a madrugada.

Como antesala á tirada de fogos de artificio á medianoite do domingo de Pascuilla, que marcará un dos momentos máis destacados das festas, o público poderá gozar dunha serie de proxeccións audiovisuais que engadirán unha dimensión especial ao evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.