Intervención por presenza de fume nunha vivenda no concello de Boiro

09 Abril 2025

Este martes 8 de abril á tarde o Parque Provincial de Boiro recibiu un aviso pola presenza de fume saíndo por unha xanela dun piso situado da rúa Principal, no concello de Boiro.

Unha vez no lugar, procedeuse á apertura da porta da vivenda, comprobando que o fume procedía dunha tixola esquecida ao lume. O residente quedara durmido, sen chegar a alertar ao resto dos veciños do inmóbel.

O aceite da tixola queimouse, xerando unha importante carga de fume, aínda que sen chegar a producirse chama nin danos maiores. Finalizouse a intervención sen incidencias adicionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.