Exercicio SAR na ría de Muros e Noia

09 Abril 2025

Trátase do Madrisar-SAMAR 25, planeado e dirixido polo Exército do Aire e do Espazo desde o Centro Coordinador de Salvamento Aeronáutico (ARCC) de Madrid, no que se poñerán en práctica os procedementos de procura e salvamento dos sobreviventes dun accidente aéreo simulado.

A ría de Muros e Noia será o escenario do exercicio de procura e salvamento aéreo denominado Madrisar-SAMAR 25, os días 9 e 10 de abril.

Este evento, organizado polo Exército do Aire e do Espazo a través do Centro Coordinador de Salvamento Aeronáutico (ARCC) de Madrid, ten como obxectivo practicar os procedementos necesarios para localizar e rescatar aos sobreviventes dun accidente aéreo simulado.

O exercicio busca perfeccionar o adestramento e fortalecer a coordinación entre os diferentes medios que participan neste tipo de operacións, promovendo unha colaboración máis eficiente e efectiva en situacións de emerxencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.