Este sábado celébrase no Club Náutico do Freixo unha nova charla sobre alimentación saudábel

23 Abril 2025

O Concello de Outes organiza este mes de abril unha charla informativa en dúas quendas sobre alimentación saudábel que está previsto que se realice en dúas convocatorias: unha primeira quenda o 12 de abril na Casa da Cultura ás 18.30 horas, e unha segunda o 28 de abril no Club Náutico do Freixo ás 18.30 horas. Con esta charla, que se repite en dúas localizacións para facilitar a asistencia das persoas interesadas, “comezamos un ciclo de actividades ao redor da alimentación, nas que iremos aprendendo todos os aspectos que se relacionan e interactúan de cara tentar achegarnos a unha alimentación saudábel”, informou o Concello de Outes, engadindo que as inscricións poden facerse no número de teléfono 981 85 01 65.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.