En Ribeira, a Policía Local e a Nacional impiden un roubo de madrugada e en Palmeira atenden a unha persoa accidentada

29 Abril 2025

En Ribeira a Policía Local fixo un breve balance da actividade de vixilancia despregadas durante o apagamento deste luns 28 de abril, actividade que tivo que ser reforzada, o que se materializou nunha maior presenza de axentes durante a pasada madrugada.

Así, a Policia Local de Ribeira e a Policia Nacional estableceron un dispositivo para a prevención de actos vandálicos e delitivos, polo cal e froito da colaboración da veciñanza, conseguiuse impedir o roubo nun céntrico comercio da localidade.

Ademais ambos corpos interviron, xunto co GAEM e os bombeiros nun accidente de circulación na parroquia de Palmeira, no cal resultou ferida de consideración a persoa condutora dun vehículo todoterreo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...