Degustación gratuíta de Lirio de Ribeira durante o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

05 Abril 2025

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira, coñecida como OPP83, será unha das protagonistas do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará no Porto de Ribeira entre os días 17 e 20 de xullo. Como parte do evento, a OPP83 organizará unha degustación gratuíta de Lirio de Ribeira o 18 de xullo, na que está previsto repartir máis de 1.000 racións de peixe gratis. Esta iniciativa busca poñer en valor a marca colectiva da organización e fomentar o consumo de peixe na poboación.

Durante a presentación oficial do encontro este sábado, a xerente da OPP83, María José Casais, agradeceu aos organizadores, destacando que o evento é “un gran escaparate da cultura mariña de Galicia e unha oportunidade única para dar a coñecer o Lirio de Ribeira e as súas propiedades nutricionais”.

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo a súa primeira edición en Ribeira en 1993, celébrase cada dous anos nunha localidade da costa galega e, por segunda vez na súa historia, recala na capital do Barbanza. Nesta ocasión, prevé reunir máis de cen embarcacións tradicionais procedentes de toda España. A participación da OPP83 neste evento forma parte do seu Plan de Produción e Comercialización de 2025, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.