Comeza a conta atrás para a edición 11ª da Carreira pola Diversidade de Ambar

20 Abril 2025

Comezou a conta atrás para unha das probas deportivas máis destacadas da tempada: a nova edición (a número 11) da Carreira pola Diversidade da asociación inclusiva Ambar, que, para quen non o saiba ten aberto o prazo de inscrición a través de Cronotec. A cita será o 11 de maio con saída na explanada de Coroso (Ribeira) a partir das 10.00 horas. Haberá media ducia de categorías: andaina con ou sen mascota, zapatilla, zapatilla inclusiva, handbike, cadeira de atletismo e infantil. A maiores, as persoas que queiran contribuír sen participar directamente na carreira poden facelo co dorsal 0. Entre os importantes padriños da proba deportiva atópase o youtuber Olaxonmario, que compartiu un vídeo facendo un chamamento á participación. Polo que se refire ás empresas e entidades patrocinadoras, cóntase con Ramiro Carregal, JEALSA ou CONGALSA, entre outras.

Como dixemos, a Carreira terá lugar o domingo 11 de maio, ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Despois da proba absoluta, desenvolveranse as probas infantís e tralo remate destas entregaranse os galardóns ás persoas premiadas nas distintas categorías.

A Carreira da Diversidade naceu no 2015. En palabras da asociación inclusiva Ambar, “a proba supuxo todo un avance na comarca ó tratarse dunha competición inclusiva que incluía as modalidades hand bike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia”.

Mila López Vernet, Álvaro Illobre, Álex Ferradás e José Manuel de la Iglesia, deportistas paralímpicos, son asiduos á competición dende os seus inicios.

Así mesmo para a promoción da Carreira nas diferentes anualidades Ambar contou co respaldo de grandes atletas e deportistas como Desirée Vila, Fabián Roncero, Jesús de la Osa, Fernando Romay, Killian Jornet, Marta Arce, Sabela Pensado, Alberto Boo e Carlos Brión.

Dorsal 0

Para aquelas persoas que non poidan participar nalgunha das probas deportivas, está aberta en cronotec.es a posibilidade de colaborar co Dorsal 0 unha cota solidaria sen límite. A recadación obtida será destinada á organizar saídas e respiros familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas actividades á vez que se ofrece unha posibilidade de conciliación para as familias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.