Begoña Abeijón visita Amicos en Boiro para coñecer os seus novos proxectos sociais e medioambientais

30 Abril 2025

Durante un percorrido conducido pola activista medioambiental Adriana Miguéns, Abeijón puido ver a ampliación do Fogar Amicos, así como coñecer as melloras realizadas nos obradoiros e os últimos proxectos medioambientais impulsados pola entidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as instalacións de Amicos, unha das entidades máis importantes do sector social en Galicia. A visita tivo lugar na sede da asociación, en Boiro, e centrouse na ampliación do Fogar Amicos, así como nos innovadores proxectos ambientais e de inclusión social que a entidade está a desenvolver.

Acompañada pola activista medioambiental Adriana Miguéns, Abeijón puido observar as melloras no centro, incluíndo as novas instalacións que permitirán a ampliación en 30 prazas do fogar. A visita tamén incluiu un percorrido polos obradoiros de libre elección e os proxectos ecolóxicos promovidos polo equipo de activistas medioambientais da asociación.

Durante o acto, a presidenta de Amicos, Esther Vidal, e o director xeral da entidade, Xoán España, destacaron a estreita colaboración entre a Xunta e as entidades sociais. España subliñou que “a implicación da Consellería de Política Social, e especialmente da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, é fundamental para que Amicos poida prestar servizo a máis de 100 persoas cada día”. Ademais, mencionou o apoio das administracións para a adquisición de novos vehículos adaptados e a ampliación do centro de día.

A directora xeral, por súa parte, puxo en valor o traballo que realiza Amicos a nivel social e medioambiental: “Amicos é un referente non só a nivel comarcal, senón tamén autonómico. Non só se destacan no coidado de persoas con discapacidade, senón tamén na integración e na preservación do medio ambiente”, afirmou.

Ademais, Begoña Abeijón resaltou que a Xunta de Galicia está a traballar activamente para apoiar os proxectos piloto que promoven a inclusión e concienciación sobre a discapacidade, especialmente entre as persoas máis novas.

Por último, a presidenta de Amicos agradeceu publicamente o apoio constante da Xunta e o compromiso coas persoas con discapacidade. “Aínda que sempre hai desacordos nas negociacións, estes son necesarios para mellorar xuntos”, afirmou Vidal, destacando a importancia de seguir construíndo un futuro no que as persoas con discapacidade e as súas familias podan vivir con dignidade e calidade de vida.

A visita tamén incluíu a observación dos traballos realizados na Fábrica Social, un espazo dedicado á creación de produtos realizados por persoas con discapacidade, e a aposta da entidade por proxectos medioambientais e de restauración da biodiversidade na zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.